martes, mayo 01, 2012

Diarios de MIR


O certo é que tiven sorte. E non me refiro ao exame. Senon que tiven a sorte de darme conta de canta xente me facía de suporter. Tiven a sorte de ver cómo Vilagarcía de Arousa se transformaba na capital do mundo. As maiores estrelas da miña lembranza, o top ten da miña vida, facían un hoco para deixarse cair a un café e unha parrafada. E eu vía con certa angustia, pero con ledicia, case cada semana, descender alguén novo no andén. dende os máis atarefados, aos máis ociosos, dende os máis humildes aos máis vaidosos. A pesar de que pouco tiña eu que ofrecer, en materia de tempo , pero tamen en compañía, posto que ás veces non era máis que unha sombra de min mesma. Sentíame falar moi lonxe, sen moita forza. Sentíame acompañalos co cerebro magullado das horas de estudio.
Pero sí que os sentía a eles, facíanme cóxegas na lingua e nos pes, sacábanme do meu mundo orgánico a outros moito máis cheos de cores. Facíanme rir. E vibrar. Facíanme apaixoarme ou enfadarme ou relexarme ou correr ou andar. Facíanme vivir no tempo de desconto que lle roubaba a unhas horas que xa había tempo que non eran miñas.

De todos eles foi Alex quen o fixo todo máis fermoso. Era el quen se afanaba nos ánimos. Nas respostas a preguntas que non levaban a ningunha parte. No medo denso e largo da espera. No medo dos cren en ti, pero que cren de verdade, porque están seguros de que o vas a conseguir, aos que realmente podes decepcionar.
Alex non entendía de decepcións, só entendía de forzas e de mans, e tiña de man todos os alagos que lle permitían facerme a pelota cando me queixaba demasiado. Sabía facerme recuar! E a súa formación técnica non lle impediu meterse de cheo no ritmo dos meus estudios, das palabras clave que describían concetos médicos e tamen concetos propios do Mir, palabras obscenas como simulacro ou percentil. Pronto comprendía como ninguén qué eran preguntas netas ou que un percentil 70 é algo bo. Era constante e paciente. E parecía non costarlle esforzo.

E así pasaban as semanas, cheas de estudio e cafés fugaces de luns a venres, con clases e simulacros nos sábados e con tempo para a alma os domingos. Ainda que, en realidade, cada sábado, ao rematar un simulacro eu corría para coller o tren e me presentaba en Vigo, onde alex pasaba a recoller o que quedaba desta pobre Iria e a facíaa boar e rir e bailar e cantar e soñar. I eu a el.
Cando algunha semana, polo vran, máis que nada, o sábado nos deixaba a tarde libre, collíamos a tenda de campaña e nos escapábamos ás praias, a contar estrelas, a tocar a guitarra. A olvidar a espada de Damocles. A queimar carreteira.
Non podería dicir que foi un mal ano.

E chegou decembro. Todo se iba endurecendo. Os nervios crecían. E o cansancio. E o medo. E todas as cousas malas. E mentres, soñabamos con ser libres. Alex tiña que irse a Praga en febreiro e eu remataba en xaneiro. Sería unha breve despedida, pero estábamos tan afeitos a este plan que non había pena, só pasos, pasos cara adiante. Deixabamos o peso no Alex e na Iria do futuro, e bromeábamos co infelices que debían ser os dous mentres que nos ríamos de todo.
Pero en xaneiro eu xa non ría de nada. Tiña medo, tiña ansia, e cansancio. Tiña sono. E tiña rabia. Tiña rabia porque non me parecía xusto. Tiña rabia por ter que estar vivindo aquilo. Rabia contra o sistema, contra a presión, contra os que me facían pasar aquela fame de vida. Sede de mentes plásticas, de práctica. De persoas ás que curar que non estaban sendo curadas proque eu estaba alí, a estudiar datos que se iban a esfumar co tempo. E iso me daba moita rabia.

Pero todo entraba dentro do planing. Ata que un día o planing se rompeu. Alex chamou e me explicou que lle ofreceran un curso de checo e podía irse 15 días antes. Preguntábame a miña opinión. Adiente. Sempre adiante, compañeiro.
Entón foise e quedou o silencio. Eu quería chorar, pero non podía. Quedaban 15 días. Quería gritar pero non podía. Non había tempo, non tiña tempo para nada máis que para loitar e tragar as bogoas da despedida que xa no teríamos. Do tempo que planeabamos roubar, que xa non estaba.. O adeus repentino e as dúbidas atrasadas que agora ameazaban por desequilibrar o equilibrio, de por si precario, de quen se sustenta con sorisos e con soños compartidos que non teñen conexión coa realidade.

Por sorte os tempos avanzan e os ordenadores inclúen webcams! Por sorte os lazos que unen ás persoas son impredecibles, sorprendentes ás veces. Por sorte eu son unha tipa dura, das máis duras que coñezo probablemente. E tras 4 días nunha espiral de pérdida e estudio, inapetencia e estudio, tristeza e estudio... recuperei o meu ritmo orixinal. a través do internet recuperei ao meu personal trainer. e pouco a pouco volvín aos nervios e o cansanzo habituais.

E chegou o día. Chegou como chegan as cousas que se esperan tanto: sen avisar. Chegou de repente cando xa contaba con que non chegaría nunca, cando xa estaba tan acomodada no meu escritorio que tería seguido así por décadas. pero chegou. E me dispuxen a rematar. Fixen todo o que mandan os cánones. Pechei o último libro no mediodía da víspera, dando así espazo a 24 horas libres de estudio. Paseei. Pensei. Fun a nadar á piscina. Felei con Alex e me deixei desear forza e sorte. Durmín toda a noite, máis de 10 horas. Comín xenerosamente pero non de forma copiosa. E todo iso o fixen cunha tranquilidade relativa... posto que era o que estaba marcado.

Pouco despois estaba sentada e unha voz lonxana de muller dicía as temibles plabras "pueden empezar" e eu me avalanzaba cando , nun intre curtísimo en medidas de temo, pero eterno para min, me din conta dunha soa cousa: acabouse, quedanme 5 horas para volver a vivir. E logo dará igual, ben ou mal, terei rematado e serei libre.
E comecei, exactamente igual a como o fixera tantas veces. A primeira a sabíaa. Ben. E a segunda tamén. Xenial. E entón, xa estaba todo feito. Quen sabe qué pasou nas seguintes 5 horas. Non podo lembrar máis que unha sucesión de pensamentos prácticos que non tiñan nada que ver co meu futuro. i did my best, din o que tiña e o tempo chegou a termo cando estaba repasando apenas a plantilla.

Esa noite foi "herrante" e estrana. Compostela parecía fantasmal e abrumada e eu apenas podía sair do meu mundo de cacahuete con bísceras. Non deixaba de pensar no soño que un día tivera, xunto con alex, e que incluía montañas de alchol, sexo, risas e diversión. Un premio merecido para min, pero tamen para el, porque tamen era a sua victoria.
Fun a  un bar, pedín unha ración de xamón asado e devoreina como si non tivera comido nada nos últimos 15 días. Logo fixen un cigarro, fumei e camiñei ata casa dun amigo e quedeime a durmir case sen querer.

As academias de Mir permítenche facer unha estimación do teu resultado tan só 12 horas despois do exame, así que cando desperteio meu humor era variable. Na noite despertara varias veces co grito de "merda, esa téñoa mal" espertando a todo aquel que se atopaba perto. Así que, animada polos meus incondicionais, decidín facer uso das novas tecnoloxías e aproximar os meus resultados, fosen do cariz que fosen. Foi un dos momentos con máis nervios. Pero entón vin o resultado: era bo. Era o que eu precisaba, nin máis nin menos. Era xusto. Non era óptimo, nin nada que tendese á excelencia, pero tampouco baixo. Era xusto polo que eu pelexara, sin máis. Sentín un berro rachándome a gorxa, algo sen moito sentido, máis ben como un yeiii ou algo así. Un sonido que se quedou quebrado e morreu como nacera. E sentinme chorrar. Un choro sonoro e forte, un choro de nena. Choraba e quería rir,pero non podía. Choraba porque xa se acabara, porque fora moi duro, porque non puidera chorar antes. Choraba porque aquel momento me pertencía pero non o quería pra min sola. Choraba porque a vida é curta, e o arte longo, como dixera Hipócrates. E era verdade.

Dende entón a vida transcurre con ritmos varios, ás veces máis a presa outras máis de vagar. Durmo ben, como para recuperar os quilos que perdín. Intento coa guitarra, vou de compras e me permito frivolidades varias. E cando volvo a casa e os astros se alinean, pesco ao Alex na red e me conta de súa nova vida. E eu da miña, que escomezou fai case nen 20 días.