miércoles, septiembre 21, 2005

Este es el mío..

Flotando
¾E ti, ¿qué anos tes, rapaz?
O neno, miúdo, contesta cos dediños dende abaixo, pegado ós xeonllos do vello, con tódolos dedos de ámbalas dúas mans. Dez.
¾ ¿Sabes nadar?
Dí que non coa cabeza e non fai nin un ruído. Porque está asustado. Porque é noite e leva moitas horas alí, de pé, xunto daquel vello e doutra xente á que tampouco coñece.
¾ Basta con deixarse flotar, e o mar xa te leva. Ou se tes sorte, véñente buscar.
E o bello vai tecendo historias doutras xentes do seu pobo, xente que o logrou. Pero o neno non escoita, porque lle doen as pernas de non se mover e de tanto tremer. Quere respirar unha bocanada de aire e non pode porque está rodeado de persoas máis alta ca él.

De repente a barcaza fai máis movemento do normal e todo o mundo se poremexe inquedo. Pasa algo, non vai ven. Din que van ir a pique. Oe o mar revolto. Nun intre síntese caer ó mar, que está xeado. Ten medo pero lembra flotar. Ve algúns tentando inutilmente nadar e a outros que tamén flotan no horizonte, asemellan bateas no mar. Pero Ohmar pregúntase cánto tempo vai aguantar flotando el. E canto tempo vai aguantar o seu pobo sen afundirse.